Este venres terá lugar unha nova edición da «Diada» en Catalunya. Fóra do eixe nacionalismo español-periférico, se tomamos en consideración o espectro vella-nova política, observamos como as demandas soberanistas catalás coinciden, neste sentido, co espírito de radicalidade democrática existente en boa parte da sociedade galega, española e catalá, neste caso, latente dende o nacemento do Movemento 15-M.

Esta profundización democrática tradúcese, xunto á preconización dunha maior rexeneración institucional, nun maior e efectivo protagonismo cidadán na toma de decisións: dereito a decidir das CC.AA.s, neste caso; referendos vinculantes; establecemento de consultas a nivel autonómico; maior participación cidadá a nivel municipal, referendo Monarquía-República; ou no establecemento dun sistema electoral máis proporcional para tódalas convocatorias.

Volvendo á cuestión catalá, considero que, de levar a cabo unha mera consulta, os partidos estatais deberían transixir, mediante a modificación do artigo 149.1.32. E se se quere ir máis alá e facer un referendo de independencia vinculante, o máis lóxico sería recoñecer primeiro o dereito de autodeterminación, partindo dos procedementos de reforma constitucional estipulados no artigo 168 da Carta Magna; e, a posteriori, aceptando unha hipotética independencia de Catalunya, de obter o «Si» un 55% dos votos, seguindo así o plantexamento aplicado en 2006 a Montenegro.

Por tanto, tanto o respeto á legalidade vixente dos partidos catalanistas como a transixencia política das forzas estatais, debe estar presente en todo momento, coa finalidade de ofrecer unha solución óptima a este conflicto sociopolítico.

 

Imagen: Huffington Post

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *