Os partidos repartiranse 75 escanos, e todo parece indicar que o candidato e actual presidente, Alberto Núñez Feijóo, volvería a acadar maioría absoluta. Tódalas enquisas indican este resultado, a excepción de dúas publicadas no diario La Razón en abril e maio que lle outorgan 37 escanos – a maioría absoluta obtense con 38 deputados.

Pero… ¿podería haber unha desastre do PP? Pois en principio non, dado o arraigo do electorado polo PP en Galicia. Pero… o conto podería cambiar coa historia dos brotes da Mariña.

Feijóo fixo alarde da súa excelente xestión ao fronte da crise do coronavirus na que Galicia foi a primeira comunidade en abandonar o estado de alarma, máis a falta dun plan actual e unha total improvisación fronte ao brote da Mariña – 5 días de confinamento cando o período de incubación é de 14 – que está a poñer en perigo a celebración das eleccións este fin de semana, podería provocar unha desfeita absoluta no partido fundado por Fraga. A ocultación do rebrote na prensa está sendo espectacular, polo que pódese observar que a manipulación periodística está á orde do día.

Respecto ás propostas dos partidos, estas son as principais:

-PP: A pregunta do millón que están a facerse tódolos galegos é “Que fixo Feijóo nestes últimos 11 anos?”. A verdade é que non é doado responder.

As dúas principais propostas polas que avoga o candidato Feijóo son a da revisión en profundidade do gasto autonómico, e a revisión das normativas aprobadas pola Xunta durante as últimas décadas.

Feijóo necesita 4 anos máis no poder para revisar o que fixo nestes últimos 11 anos. E honestamente, mirar ao pasado non é precisamente o que máis necesitan os galegos neste momento.

Sorprendentemente, e ao igual que con BNG e Galicia en Común, Feijóo tamén quere reforzar o autogoberno da Xunta de Galicia. E a pesares da decadencia do uso do galego, Feijóo propón menos galego e máis linguas estranxeiras nas aulas de educación primaria.

Por certo, Feijóo minte no seu programa electoral dicindo que as camas UCI incrementáronse un 70% durante a pandemia. Penso que mentir nun programa electoral sobre feitos que se poden contrastar é un extremo nunca antes alcanzado.

-PSOE: O candidato Caballero – por certo, sobriño do alcalde de Vigo – propón un cambio absoluto.

Sánchez regresa a Galicia para movilizar al electorado progresista
O PSOE propón un xiro de 360º – vólvese ao mesmo punto – para o cambio. Curioso.

Cun obxectivo moi específico (frear ao PP), o PSdeG propón principalmente apostar polo progreso económico de Galicia, ter unha administración eficiente, políticas sociais e compromiso medioambiental, ademais dun extensivo plan de recuperación do país trala crise do COVID-19.

E todos estas propostas están baseadas na proposta de aumentar fortemente o gasto e investimento en Galicia. Supoñemos que tendo un goberno central do mesmo color, incrementar a partida que recibe Galicia anualmente dos presupostos non sería difícil de conseguir.

-BNG: O BNG está a fortalecerse polas dúbidas e escisións dos partidos da esquerda, e se hai “sorpasso” ao PSOE e a esquerda suma maioría, Ana Pontón podería converterse na primeira presidenta galega da historia.

Dentro do programa do BNG atopámonos coa esixencia dunha re-negociación co estado para o reparto de recursos públicos, onde se pretende que a Xunta teña a chave da recadación de impostos e poida aplicar unha fiscalidade xusta co obxectivo de mellorar a sanidade e a educación, reducir privilexios das grandes fortunas, e… sanear as nosas rías.

Mellorar as conexións interterritoriais é outra das principais propostas do BNG, onde se incluiría o traspaso inmediato da AP-9 e unha mellora das conexións interterritoriais.

Outra proposta é a da subida das pensións mínimas para acadar, como mínimo, o 60% do salario mínimo.

Como podedes observar, o BNG é o partido que expón medidas máis especificas e centradas en Galicia. Poida que ser o único partido que non depende da súa sucursal madrileña ten algo que ver.

-Galicia en Común: O candidato Antón Gómez-Reino é actualmente deputado no Congreso. Un pode preguntarse canto vai tardar en presentar a súa renuncia e volver a Madrid no caso de que o partido fracase nestas eleccións.

Este novo partido, que xurde baixo o auspicio de Podemos – de feito, o seu programa é practicamente similar – ten como principais prioridades o emprego e a realización dunha gran reforma fiscal para “sacar cartos de quen máis ten”.

Tamén se comprometen a que tódalas residencias en Galicia acaben sendo públicas.

Por certo, chama a atención a súa proposta de máis autogoberno para Galicia e o establecemento dun marco de relacións bilaterais entre o Goberno galego e español.

-Marea galeguista: Formado polos partidos En Marea,CxG e Partido Galeguista e que actualmente contan con 5 escanos. Todas as enquisas coinciden en que nestas eleccións non conseguirán representación, polo que o seu candidato Pancho Casal – coñecido entre outras cousas por ser o produtor do filme “Los lunes al sol” – poderá seguir dedicándose ás súas labores.

No seu programa propoñen unha reindustrialización sostible de Galicia, fiscalidade xusta, unha renda básica xestionada dende a Xunta, garderías públicas, servizos básicos totalmente públicos e un imposto ao patrimonio aos máis ricos e grandes superficies comerciais.

Un bo programa, máis o dano para En Marea trala súa escisión dos pactos entre Podemos, Anova e Esquerda Unida é evidente.

VOX: Non imos facer referencia algunha a un candidato que dixo que “defende o mesmo en Galicia que en Murcia”. Obviamente, Galicia non é Murcia, e non fai falla perder o tempo con xente que se dedicou a embarrar a campaña chamando a atención con polémicas accións.

¿Podería haber sorpresa o domingo? Dende logo, as enquisas amosan que os partidos da esquerda están a recortar a distancia. E mentres, o medo que poida ter o electorado maior de 70 anos – principal sustento do PP – en ir a votar o próximo domingo por medo a contaxiarse, podería evitar que Feijóo revalide maioría. Ollo con isto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *